Tito Barbeito / Música

Tito Barbeito

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Tito Barbeito
Tito Barbeito
Música
Nome completo: Luís Alberto Barbeito Fernández
A Coruña 1965   
Web propia



Arreglista e letrista da gala dos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego durante catro anos, é compositor e mais intérprete tanto para directo como para gravacións en estudio. Ten creado bandas sonoras de teatro (“A boneca de trapo”) e danza (“Arte a Escena”). Tamén traballou para radio e televisión (“Muchachada Nui”). En cinema ten producido traballos para distintos formatos como documentarios e curtametraxes. Compuxo e interpretou un tema para a BSO de “O soño dunha noite de San Xoán” e dous para “O bosque animado”. Ademais dos seus propios traballos colabora asiduamente co compositor Arturo Kress.

Premios e recoñecementos: 2º premio “Racha coas ondas” de TVE-Radio 4 (Santiago 1989). 1º premio no I certame de música rock (Carballiño, Ourense 1990). 1º premio “Xacobeo” (Castrelos, Vigo 1993). A súa BSO para a curta estremeña "Vecinos" foi premiada en 2010 no Worldfest de Houston (Platinum Remi Award).


Formación específica: Estudou no Conservatorio da Coruña

FILMOGRAFÍA

Arquivos de audio


  • B.S.O. O bosque animado - Unha de mosqueo

  • B.S.O. O soño dunha noite de San Xoán - O rock de Perecho

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org